10 de abril de 2012
10/04/2012,hola eduardo me parece tecnicamente un buen articulo, pero mi criterio en vaqueria o en cualquier otro negocio se base en el know how, por eso existen empresas con rendimientos tan diferetes. con todo respecto te escribo un aarticulo mio de opinion-
un saludo
antonio oliveros yanes
ing.t. agricola
De “Know how “ a “do how” en gandeiria de leite
Know how (saber cómo) é unha palabra anglosaxona que resume nunha empresa os coñecementos fundamentais e intanxibles que coordinan técnica e experiencia, algúns descoñecidos incluso para quen os aplica, que fan que a empresa sexa rendible ou non.
O know how, por ser un activo non medible, é difícil de avaliar, por eso nas contabilidades non se reflexa cando é parte fundamental,no valor da empresa.
Consiste en un fermento ou catalizador para que a empresa funcione,saber que con mesmos elementos, se poden facer procesos fáciles e eficientes acadando mellores resultados.
Dende a miña experiencia, partindo de explotacións prácticamente similares en canto a instalacións, xenética, dimensións agrarias… os resultados económicos finais son moi diferentes, podendo variar nun rango de ata 10 cts de euro (16 das antigas ptas) en custos de alimentación por litro de leite.
É fácil atopar gandeiros que falan de UTAS, UDES, carga gandeira, índices xenéticos,medias, dias abertos,… que os técnicos lles explicamos, pero non son capaces de obter o resultado final, facer as contas da avoa,saber canto gastaron e canto ingresaron,e moito menos por partidas, para poder avaliar, valorar e priorizar a toma de decisións.
Hai gandeiros, que ainda mellorable, acadan bos resultados, empregando correcto know how. O meu criterio persoal é que debería artellarse unha fórmula de transmisión deste coñecemento dunhas gandeirías a outras, para que, sen custes engadidos, se poidan acadar explotacións mais rendibles.
A importancia do know how é fundamental, pero para acadar estes coñecementos hai que partir de want hnow how (querer saber como) e esto sucede a menudo cando hai need know how (necesidade de saber como). Despois de ter a “necesidade de saber como”, “querer saber como”, e “saber como”, hai que facelo, do how (facer como) porque somos moitos os sabedores e poucos os facedores, e , senón facemos o que sabemos e coma se non o soupéramos.
En tempos de necesidade ou de crise, coma e o momento, aproveitando os coñecementos e os medios existentes,esforzandonos en “saber como”,rompendo esquemas ou reglas existentes,e olvidandose de que outros pensen por nosoutros, temos a oportunidade de acadar con éxito nas nosas empresas, coma decia Cervantes no Quixote a “necesidade agudiza o inxenio”
Antonio Oliveros Yanes
Técnico agrícola
p.d disculpe por el articulo en gallego